Que é o proxecto VoLANGteer?

Trátase dun proxecto piloto para a aprendizaxe do galego e do frisón para estranxeiros/as a partir doacompañamento voluntario e que esperamos se convirta nun exemplo de boas prácticas que poidaser desenvolvido noutros lugares para a aprendizaxe das súas respectivas linguas.

Con este proxecto preténdese promover a aprendizaxe e o uso das linguas minoritarias dos distintosestados da Unión Europea, co fin de que aquelas persoas que proveñan doutros países poidancoñecela e empregala con normalidade na súa vida diaria.

Os/as principais destinatarios/as son os mozos e as mozas provenientes do estranxeiro e que esteangozando dunha bolsa erasmus, aínda que tamén poderán acollerse ás vantaxes desta forma deaprendizaxe tanto persoas inmigrantes como aquelas persoas non galegas que pasen un períodolongo de tempo no noso país.

A dinámica de aprendizaxe consiste en emparellar, durante 20 semanas en sesións de dúas horas, apersoas voluntarias cuxa lingua materna sexa o galego con outras tantas persoas voluntariasextranxeiras que estean interesadas en aprender a lingua galega a través da conversa e coñecementoda nosa cultura.

Nas mencionadas sesións, as parellas reuniranse para charlar de diversos temas (cultura, deporte,temas sociais...) así como tomar parte de distintas actividades tales como ir ao teatro, a un eventodeportivo, visitas culturais, asistir a unha feira gastronómica... Tratarase, en definitiva, de empregarunha aprendizaxe non formal que fomente o interese pola lingua e a súa aprendizaxe, facilitandodeste xeito a integración e o intercambio de experiencias, coñecementos e valores.